Será de aplicación o artigo 10 da lei de estradas autonómica 8/2013, reflectido de seguido:
Artigo 10. Catálogos de estradas e inventarios de travesías
- Os catálogos de estradas son os instrumentos públicos que serven para identificar e inventariar as estradas das redes de cada administración titular.
- Os inventarios de travesías son os instrumentos públicos que serven para identificar e inventariar as travesías existentes nas redes de estradas de cada administración titular.
- O Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellaría competente en materia de estradas, aprobará por decreto o Catálogo da rede autonómica de estradas de Galicia e o seu inventario de travesías, así como as súas respectivas modificacións posteriores. A actualización do Catálogo da rede autonómica de estradas de Galicia e do seu inventario de travesías realizarase por orde da consellaría competente en materia de estradas.
- As entidades locais aprobarán os catálogos das estradas da súa titularidade e os inventarios de travesías correspondentes, así como as respectivas modificacións e actualizacións posteriores.
- A aprobación dos inventarios de travesías por parte dos órganos competentes das súas respectivas administracións titulares implicará a autorización por parte daqueles para que os cambios de titularidade das travesías urbanas ou de treitos delas que estean incluídos nos devanditos inventarios –cando adquiran a consideración de vías urbanas, se realicen a prol do concello polo que estas discorran e exista acordo entre este e a administración titular da estrada– poidan ser aprobados pola consellaría competente en materia de estradas.
- Terán a consideración de modificación dos catálogos de estradas e dos inventarios de travesías:
- O cambio de titularidade de estradas, travesías ou treitos delas, segundo os procedementos desta lei.
- A construción de novas estradas ou de novos treitos das estradas existentes.
- A adquisición ou perda da condición de estrada dunha vía pública
- A consideración como travesía dun treito de estrada cando se tramitase un expediente para o seu recoñecemento.
- Terán a consideración de actualización dos catálogos de estradas e dos inventarios de travesías:
- O cambio de titularidade de travesías urbanas ou de treitos delas que estivesen incluídos no inventario de travesías da súa administración titular, cando poida ser aprobado pola consellaría competente en materia de estradas.
- A variación de trazado en estradas existentes.
- A variación dos datos que identifican as estradas ou travesías contidas neles.
- Resto dos supostos previstos regulamentariamente.
Será competencia da respectiva administración local a aprobación, modificación e actualización do seu catálogo de estradas e inventarios de travesías.(artigo 10.4 da lei 8/2014)
A rede de estradas provincial está formado por un total de 262 vías cunha lonxitude total de 1.842,63 Km. Está asinada unha clave a todas as estradas de dous díxitos. Os dous primeiros correspóndense coa clave da comarca na que ten a súa orixe a vía e os outros dous co número de infraestrutura na comarca. As estradas cos dous últimos díxitos inferiores a 50 son de interese provincial (prioritarias) e as outras de interese municipal ( de menor entidade). Por exemplo a OU-1211 é unha estrada de interese provincial co número 11 e con orixe na comarca 12 (Baixa Limia). Periodicamente actualizase o catálogo da rede de estradas provincial e a súa descarga, xunto co decreto e publicación no BOP, está a disposición dos que queiran, está nesta WEB.