Logotipo

Co inicio da tempada invernal, no mes de novembro de cada ano, actualizase o protocolo de vialidade invernal no que se reflicten, a maquinaria dispoñible e  a súa localización,  identifícanse os almacenamentos de fundentes (sal basicamente), o persoal de servizo, as comunicacións, a colaboración cos concellos, os protocolos de operación, os tipos e niveis de alerta e a coordinación con outras administracións. Ó ultimo protocolo redactado pódese baixar da nube, cliqueando a dereita. Existe un teléfono dispoñible 24 horas para avisos de emerxencias 988. 317501 e una dirección de correo na que se poden remitir peticións de actuacións emerxencias@depourense.es. En ambos casos deberá identificarse o solicitante.  

Coa primavera iniciase a campaña de roza da vexetación existente nas marxes da estrada. Tamén se actualizan o  protocolo de aplicación de fitosanitarios.

Pode descargar estes protocolos nos ficheiros da dereita.

Documentos: