De seguido reflíctese o artigo 10 da lei 8/2013 de estradas de Galicia:
Artigo 10. Catálogos de estradas e inventarios de travesías
Os catálogos de estradas son os instrumentos públicos que serven para identificar e inventariar as estradas das redes de cada administración titular.
Os inventarios de travesías son os instrumentos públicos que serven para identificar e inventariar as travesías existentes nas redes de estradas de cada administración titular.
O Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellaría competente en materia de estradas, aprobará por decreto o Catálogo da rede autonómica de estradas de Galicia e o seu inventario de travesías, así como as súas respectivas modificacións posteriores. A actualización do Catálogo da rede autonómica de estradas de Galicia e do seu inventario de travesías realizarase por orde da consellaría competente en materia de estradas.
As entidades locais aprobarán os catálogos das estradas da súa titularidade e os inventarios de travesías correspondentes, así como as respectivas modificacións e actualizacións posteriores.
A aprobación dos inventarios de travesías por parte dos órganos competentes das súas respectivas administracións titulares implicará a autorización por parte daqueles para que os cambios de titularidade das travesías urbanas ou de treitos delas que estean incluídos nos devanditos inventarios –cando adquiran a consideración de vías urbanas, se realicen a prol do concello polo que estas discorran e exista acordo entre este e a administración titular da estrada poidan ser aprobados pola consellaría competente en materia de estradas.
Terán a consideración de modificación dos catálogos de estradas e dos inventarios de travesías:
O cambio de titularidade de estradas, travesías ou treitos delas, segundo os procedementos desta lei.
A construción de novas estradas ou de novos treitos das estradas existentes.
A adquisición ou perda da condición de estrada dunha vía pública.
Terán a consideración de actualización dos catálogos de estradas e dos inventarios de travesías:
O cambio de titularidade de travesías urbanas ou de treitos delas que estivesen incluídos no inventario de travesías da súa administración titular, cando poida ser aprobado pola consellaría competente en materia de estradas.
A variación de trazado en estradas existentes.
A variación dos datos que identifican as estradas ou travesías contidas neles.
Un dos obxectivos desta lei 8/2013 é o de regular de xeito máis detallado os catálogos de estradas e os inventarios de travesías, como instrumentos públicos que serven para identificar as estradas e travesías das redes de titularidade da Comunidade Autónoma e das entidades locais de Galicia.
A Deputación de Ourense está a realizar este traballo a petición municipal e sen custe algún para o Concello solicitante. Inicialmente preténdese a identificación das estradas de titularidade municipal e realizar un catálogo con indicación para cada estrada de:
Esta información será entregada nun único documento os concellos para unha posterior aprobación.
Os obxectivos que se persigue con este traballo son:
O concello interesado deberá solicitar este servizo presentado asinado o convenio que pódese descargar nesta web.
Pretendemos que esta actuación inicial se acompañe, mais adiante, de outras catro: