É competencia dás Deputacións Provinciais con carácter xeral “a asistencia e cooperación xurídica, económica e técnica os Municipios, especialmente os de menor capacidade económica e de xestión” .
Os concellos interesados na colaboración da Deputación para a execución de obras con medios da Deputación ou con contratistas poderán solicitala recheando as follas que se poden descargar nesta WEB.
Obras a executar con medios da Deputación.
Estas obras serán valoradas por persoal técnico como obra de execución por administración con indicación dos custes de man de obra, materiais e maquinaria. A Deputación aportará os medios propios e o resto o concello.
Ademais existe una aplicación nesta mesma WEB que previo rexistro permitirá os solicitantes coñecer “on line” o estado de tramitación da súa petición de colaboración.
Unha vez recibida a valoración e a conformidade da Presidencia desta Deputación , o solicitante deberá entregar:
Con posterioridade e tras a intervención do gasto na Deputación procederase a programar a execución dos traballos.
É importante subliñar que non será posible que equipos e máquinas da Deputación e dos concellos traballen xuntos si estes últimos non esta inscritos no R.E.A., non están adheridos o estudo de riscos (ou plan se seguridade) e se non se dispoñe dun coordinador.
Obras a executar con contratista.
Para a contratación destas obras será necesario dispoñer dun proxecto ou documento apto para a licitación, así como documentación acreditativa da dispoñibilidade dos terreos, certificado de adecuación das obras o planeamento urbanístico vixente e certificado da posta a disposición da Deputación dos terreos necesarios para a execución dos traballos.
O proxecto pode ser achegado polo concello ou redactado polos técnicos da Deputación de Ourense. No primeiro caso será supervisado na Deputación e se dará traslado a Contratación, en caso de conformidade
Tamén é importante coñecer a achega municipal en caso de que esta exista.