Logotipo

É competencia dás Deputacións Provinciais con carácter xeral "a asistencia e cooperación xurídica, económica e técnica os Municipios, especialmente os de menor capacidade económica e de xestión".

 

 

A Deputación de Ourense dispón de equipos que permiten o tratamento dos firmes da vías na etapa invernal por aplicación de sal ou outros fundentes así como mediante a retirada da neve. Existen distribuidores e cuñas montadas sobre camións con tracción total que reparten sal humidificada ou sal seca e o mesmo tempo  sacan a neve acumulada na estrada. Ademais de este parque de maquinaria existen almacéns de sal, distribuídos estratexicamente pola xeografía ourensán que dan servizo non só a Deputación senón tamén os concellos.

Esta Administración colabora cos concellos prestando axuda para o mantemento da vialidade invernal nas redes municipais de acordo co convenio que pódese descargar nesta páxina e seguindo un protocolo de actuación que se elabora cada ano. Este apoio tradúcese na compra e distribución de sal e na utilización de medios mecánicos para o tratamento preventivo e curativo da neve e do xeo.

Os servizos que a Deputación presta son:

  1. Subministro de sal mineral a granel. Se trata de sal procedente de minas que pódese acopiar e tratar como un árido. O non necesitar de material de contención ten o prezo mais barato.
  2. Subministro de sal mineral en grandes bolsas (big-bag). O envoltorio en un gran saco que contén 1000 kg de sal. Pódese izar con medios mecánicos sobre o distribuidor de fundentes e o cortalo cae o sal dentro do silo polo que os procesos de carga e descarga son mais rápidos.
  3. Subministro de sal mineral ensacada, Son sacos plásticos de 25 kg cada un. Permite un mellor almacenamento do fundente, pero o custe da sal é maior e os tempos de carga increméntanse.
  4. Tratamento preventivo de xeo. Consiste no estendido de sal con pequenas dotacións antes da chegada das baixas temperaturas. Isto evita nun alto porcentaxe a formación de xeo na calzada. Se existe auga en circulación pola estrada a sal é arrastrada e desaparece o efecto preventivo.
  5. Tratamento curativo de xeo. Consiste na aplicación de sal sobre as capas de xeo xa formadas para a súa eliminación. Existe o risco de que antes deste tratamento algún vehículo teña un accidente por perda de adherencia. Este motivo xustifica a aplicación re tratamentos preventivos.
  6. Retirada de neve. A retirada mecánica de neve realizase con cuñas ou cuchillas e con esparcidores de sal.
  7. Retirada de neve con espesor superior os 15 cm. Neste caso será necesaria a utilización de elementos de fresado ou carga polo que os custes encarécense moito.

No protocolo de vialidade invernal están reflectidos os medios de que dispón a Deputación, a relación co outros axentes que interveñen nas campañas de vialidade e os procedementos operativos a definición dos distintos niveles de alerta

Existen formularios para petición de sal ou de aplicación de tratamentos contra o xeo e a neve

 

Documentos: